pp
Novas

A fobia do PP contra a compostaxe levaos a mentir e facer o ridículo

Non todo vale. A fobia do PP pontevedrés contra a compostaxe levao á recurrir, sen ningún rubor, a toda clase de falacias para tentar crear alarma social. Este recurso sistemático á mentira fai que caian unha e outra vez no máis monumental dos ridículos. O concelleiro de Facenda, o noso compañeiro Raimundo González, destapou, un a un, as mentiras do PP e sentenciou que aquelas persoas que recurren á mentira non son dignas de exercer o cargo de concelleiro ou concelleira en Pontevedra.
Ler novas
Novas
Intervención de Luís Bará

O BNG reclama o cese de actividade de ELNOSA en Lourizán

O deputado do BNG, Luís Bará defendeu unha proposición non de lei para iniciar os trámites do cesamento da actividade de ELNOSA en Lourizán , desbotar a ampliación da concesión dos terreos de “dominio público” marítimo terrestre que ocupa e instar ao Goberno galego a dirixirse  ao Ministerio de Medio Ambiente para a recuperación dos mesmos.

Ler novas