RAIMUNDO GONZÁLEZ ACUSA A DOMÍNGUEZ E AO PP DE DESTROYERS

O PP vota en contra de que o Concello invista 1,16 millóns no subministro eléctrico do novo Montecelo

Montecelo
O PP vota en contra de que o Concello invista 1,16 millóns no subministro eléctrico do novo Montecelo

Pontevedra a 23 de ouubro de 2023. O Partido Popular votou en contra da modificación de crédito no Pleno municipal, por valor de máis de catro millóns de euros, na que a principal partida son 1,16 millóns de euros para reforzar as liñas eléctricas do novo hospital Montecelo, sen as que non podería abrir o centro sanitario. Durante o debate no Pleno, o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González acuso a Domínguez e ao PP pontevedrés de "Destroyers" porque fan "única e exclusivamente un obstrucionismo para que as cousas non funcionen e se paralice todo".

Outra das cuestións destacadas que van na modificación de crédito é a finalización do proxecto do parque da Parda, proxecto que se valora nuns 5.000.0000 de euros, e que xa se inclúe a primeira anualidade, que sería un millón de euros. 

Outra cuestión de interese vén a través da renovación de todas as paleleiras do municipio de Pontevedra, ao igual que de todos os bancos que se atopen en mal estado. «Estamos falando dunha partida de 800.000 euros para estas dúas cousas», explicou o concelleiro. «Haberá unha renovación case total destes elementos». 

A maiores destes tres asuntos, figuran outros conceptos como a reforma integral do parque da rúa Luís Otero —ao carón de Pasarón-, un investimento dos xardíns da UNED para poñelos a disposición dos cidadáns, ou una subvención ao Pontevedra Club de Fútbol para a renovación do céspede de Pasarón, entre outros. 

O PP vota en contra de que o Concello invista 1,16 millóns no subministro eléctrico do novo Montecelo