Soutomaior abre o prazo para solicitar postos de venda e a barra-bar da III Semana Grande 2026

semana grande de Soutomaior
semana grande de Soutomaior
Soutomaior abre o prazo para solicitar postos de venda e a barra-bar da III Semana Grande 2026

Soutomaior, 13 de xullo de 2026. O Concello de Soutomaior aprobou as bases que regulan a autorización administrativa para a instalación de postos de venda e da barra-bar da III Semana Grande de Soutomaior 2026, que se celebrará entre os días 1 e 7 de agosto con motivo das festas patronais de San Salvador.

O obxectivo desta convocatoria é organizar e garantir unha oferta comercial e hostaleira de calidade que complemente a programación festiva, contribúa ao ambiente da celebración e ofreza un mellor servizo ás persoas asistentes, asegurando ao mesmo tempo o cumprimento das condicións de seguridade, hixiene e ordenación do espazo público.

No caso dos postos de venda, poderán participar persoas autónomas, empresas e asociacións sen ánimo de lucro para a comercialización de produtos tradicionais de feira, como rosquillas, xoguetes, complementos e outros artigos propios deste tipo de celebracións.

Pola súa banda, a barra-bar contará cunha única autorización administrativa para prestar servizo durante toda a Semana Grande nas dúas localizacións previstas: o entorno da Igrexa do Divino Salvador e o Torreiro da Festa da Dez, en Candán. O procedemento realizarase en réxime de concorrencia competitiva, valorando tanto a oferta económica como aspectos sociais, técnicos, de sustentabilidade e o arraigo no municipio.

Con esta iniciativa, o Concello continúa avanzando na organización dunha Semana Grande segura, ordenada e de calidade, favorecendo a participación do tecido asociativo e empresarial e impulsando a dinamización económica e social do municipio durante unhas das festas máis destacadas do calendario local. 

Soutomaior abre o prazo para solicitar postos de venda e a barra-bar da III Semana Grande 2026