Novo varapau xudicial ao PP
A decisión do PP de xudicializar a política municipal vén de recibir un novo varapau, esta vez do Tribunal de Contas a raiz da denuncia interposta polo Partido Popular contra o alugueiro dos terreos para a planta de compostaxe.
A obsesión do PP contra a compostaxe, levaro previamente a denunciar o pago do alugueiro á comunidade de montes da Canicouva ante Fiscalía de Pontevedra, que arquivou a investigación. Despois deste arquivo, seguíu insistindo e recorreu ao Tribunal de Contas.
A resolución deste Tribunal pecha definitivamente o procedemento e o intento do Partido Popular dá "xudicialización da planta da Canicouva”, en palabras da Tenente de Alcalde, Eva Vilaverde.
A instrutora do Tribunal de Contas xa emitira un ditame en outubro rexeitando a denuncia porque consideraba que "non existe ningunha responsabilidade contable" no contrato nin no pago que denuncia ao PP, concluindo que ese pago "está xustificado, en canto é un pago debido por causa da vixencia do contrato que nos ocupa".
Ademais, a instrutora lembraba que existe unha sentenza de maio de 2023 que condeaba ao Concello ao abono do canon do ano seguinte, 2021.
Agora, o Tribunal acaba de emitir un auto no que conclúe "non haber lugar á continuación do procedemento".