O ALCALDE CONVOCA CUESTIÓN DE CONFIANZA PARA APROBAR OS ORZAMENTOS
A pinza PP-Psoe paraliza os orzamentos máis altos da historia de Pontevedra
Pontevedra, 29 de decembro de 2023. Consumouse hoxe, no pleno da corporación municipal, a anunciada e irresponsábel pinza de PSOE e PP contra Pontevedra, ao impedir a aprobación dos maiores orzamentos da historia e que estaban elaborados para mellora a vida das veciñas e veciños tanto do rural coma do urbano.
Este novo acordo entre PP e PSOE provoca que, cando menos polo de agora, Pontevedra fique sen orzamentos e se poñan en risco os fondos europeos e as subvencións.
Con esta decisión de obstaculizar a cidade, PP e PSOE paralizan máis de 14 millóns de euros en investimentos, incluíndo actuacións tan urxentes e necesarias como a reforma integral da rúa da Santiña, a mellora do alumeado público na cidade ou a creación do grande parque da Parda, tan necesario nesa da cidade.
PP e PSOE contra Pontevedra
Paralizan tamén a creación de novas infraestruturas, a mellora da accesibilidade, a mellora e creación de novo centros culturais, a mellora das infraestruturas deportivas, as subvencións aos clubes deportivos ou a reforma integral da nave de piragüísmo e deportes náuticos das Corvaceiras, así como eventos de especial trascendencia económica e de propoción da cidade como Mundial Sub-20 de Loitas Olímpicas ou o campionato europeo de ciclocross.
Frean, asemade, o mantemento e adaptación dos edificios municipais, a implantación das Zonas de Baixas emisións ou as subvencións ao transporte metropolitano, e poñen en risco perto de sete millóns de euros de fondos europeos, a renovación dos colectores e máquinas de limpeza, ou novo contrato do lixo, que suporía unha auténtica revolución ambiental na prestación do servizo. Ademais, a negativa a aprobar os orzamentos por parte de PP e PSOE pon en risco a celebración de actividades culturais e festivas, como a Feira Franca.
Miguel Anxo Fdez. Lores: "Estes orzamentos son imprescindibles para seguir mellorando a vida dos pontevedreses e pontevedresas"
Lores convocará un novo pleno ligando a aprobación do orzamento a unha cuestión de confianza
Diante desta situación na que PP e PSOE buscan paralizar a actividade municipal, o alcalde de Pontevedra decidíu convocar un novo pleno para principios de xaneiro no que se ligarán os orzamentos a unha Cuestión de Confianza. No caso que tampouco se aproben, a oposición -PP e PSOE- teñen o prazo dun mes para presentar un candidato alternativo á alcaldía.
Neste caso hai dúas opcións:
- Que non propoñan ningún candidato alternaivo. Nese caso os orzamentos ficarán aprobados automaticamente.
- Que PP e PSOE cheguen a un acordo e propoñan un candidato alternativo -Domínguez ou Puentes-. Nese caso será o novo goberno quen deberá elaborar uns novos orzamentos.