O PP rectifica e dalle a razón ao BNG a respeito das taxas da Escola de Música de Moraña
O pasado 3 de outubro, o Pleno da corporación municipal aprobou unha moción do BNG na que se instaba ao goberno municipal a buscar unha solución para a impartición de clases individuais de instrumento, ou, de non ser posíbel, se aplicasen as taxas de xeito correcto e conforme ao establecido na ordenanza reguladora. Lembremos que o PP pretendía aplicar as taxas sen ter en conta o establecido na ordenanza en vigor.
O goberno municipal de Moraña rectificou e está a aplicar agora as taxas que o BNG defendeu como xustas, despois de que o propio goberno modificase as condicións na impartición das clases de instrumento pasandoas a clases non individuais.
En todo este proceso quedou patente a coerencia e a certeza do posicionamento do BNG, así como a mala xestión política que o PP fixo no actual curso coa Escola de Música.