Pontevedra e SOGAMA apostan por un acordo extraxudicial sobre o canon do lixo
Miguel Anxo Fernández Lores recibiu o novo presidente de Sogama, Javier Domínguez que se achegou a Pontevedra para presentarse oficialmente ao alcalde así como para expoñer como vemos cada unha das partes, a situación das relacións entre Sogama e o Concello, explicaba o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo que estivo presente na reunión.
Logo do encontro, quedamos comprometidos a abrir unha mesa de negociación técnica para avanzar nos asuntos pendentes -os diferentes contenciosos xudiciais abertos- e tentar chegar a un acordo que pasará por unha transacción entre ambas partes, explicaba o concelleiro de Economía.
Foi unha reunión moi positiva porque discurriu por canles de diálogo e con posibilidades de chegar a acordos no futuro, manifestou o concelleiro.