Soutomaior ilusiónase con Manu Lourenzo
Enmarcada nunha fermosa Festa Nacionalista, e co cariño e a sintonía constante demostrada pola veciñanza, a presentación do actual alcalde, Manu Lourenzo, como candidato do BNG á reelección foi todo un impulso de enerxía e demostrou que Lourenzo está máis motivado ca nunca.
En algo máis de tres anos este concello “deixou atrás o escurantismo” e “as carreiras de piche seis meses antes da eleccións”, afirmou o alcalde.
Acompañado por Charo Bouzón, Manu destacou “o modelo urbano transformador que leva aplicando dende o inicio do mandato” como un dos piares fundamentais dun proxecto político que tanto ilusiona. Neste sentido, apoiado nuns orzamentos históricos, destacou o “traballo do seu goberno” pois “os datos non son discutíbeis”.
Un bo síntoma de vitalidade nun concello é a axenda cultural que programa e no caso de Soutomaior o candidato á relección mostrouse especialmente orgulloso coa “axenda cultural galega e de refencia na contorna” que hoxe ten este concello.
Durante todo acto destacou a capacidade de ilusión que trasmite o alcalde e o BNG en Soutomaior.