O BNG denuncia que en Soutomaior Viaqua só atenderá aos veciños dúas horas ao día
Soutomaior, 31 de maio de 2016. A empresa Viaqua, a concesionaria da Auga en Soutomaior, ten un horario de atención aos veciños de tan só 2 horas ao día, de 10.00 a 12 da mañá, dificultando de maneira importante que os veciños e veciñas poidan realizar calquera xestión, ao tratarse dun horario de apertura ridículo que ademáis se produce nunha hora punta de traballo.
Esta situación foi denunciada até en 3 ocasións no pleno do concello de Soutomaior. Unha denuncia que se iniciou hai máis de 6 meses sen que o PP adoptase ningún tipo de medida para defender aos veciños. A situación é moito máis grave se temos en conta que no prego de condicións da contratación se establece que a concesioria debe ofrecer un servizo de calidade. Non sabemos se ter unha atención ao público na oficina só 2 horas ao día é o que Agustín Reguera entende por un servizo de calidade sinalou o voceiro nacionalista Manu Lourenzo.
Por este motivo, no pasado pleno, o BNG volveu denunciar durante a quenda de preguntas unha situación que é a todas luces inxusta, irregular e prexudicial para os veciños. Non entendemos como Agustín Reguera pode poñerse unha vez máis do lado da empresa e en contra dos veciños
Deste xeito referíase Manu Lourenzo ao feito de que o PP dixese abertamente que as bases da contratación son "interpretables". En todo caso, non parece serio que un alcalde asuma a interpretación que beneficia á empresa no canto de defender á interpretación que beneficia aos veciños sinalou Manuel Lourenzo.
Pero o máis grave de todo, e que estamos a falar dun regulamento que foi aprobado e redactado polo propio Agustín Reguera. Foi el quen fixo ese regulamento que agora resulta tan beneficioso para a empresa e que obriga a que os veciños teñan que ausentarse dos seus traballos e dispoñan de tan só dúas horas para realizar calquera xestión, denunciaba.
Nese sentido, Manu Lourenzo concluíu que non é de recibo é que Agustín Reguera sexa o primeiro en subir impostos aos veciños como no caso do IBI ou do Catastrazo e que ao tempo favoreceza dunha maneira tan descarada a empresas como Viaqua.