Rubén Fernández, novo Responsábel Local de Moraña
O BNG de Moraña vén de renovar o seu Consello Local concluíndo a renovación de cargos iniciada coa XV Asemblea Nacional.
Escolleuse, por unanimidade, a proposta presentada pol@s compañeir@s, encabezada por Rubén Fernández Monteagudo. Ademais, os militantes BNG de Moraña escolleron ás persoas que acompañarán a Rubén no grupo de traballo da dirección da formación na nosa localidade: Susana Fuentes, Diego Oliveira, Mariña Búa e Enrique Fernández, que traballarán en coordinación cos nosos concelleiros Marcos Suárez e Eva Villaverde.
A nova dirección do BNG-Moraña quere revitalizar á organización local e achegar máis persoas a participar da súa actividade política local. Segundo o novo responsable local, Queremos ser unha ferramenta para a participación da veciñanza nas decisión políticas e amosan a súa disposición a recibir propostas de persoas e colectivos para as cales iniciarán nas vindeiras semanas roldas de contactos e asambleas abertas para, ademais informar da súa posición política en diferentes temas de actualidade do noso concello.
Ademais, dende o Consello local inciden na disposición á contribución de que o BNG sexa unha peza clave na derrota do PP nas vindeiras eleccións.