O BNG contra a fusión Cerdedo-Cotobade
Resulta evidente que o proceso de Fusión de Cerdedo e Cotobade non aborda responde nin a criterios obxectivos nin a dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas destes dous concellos. A única razón que o explica é a amizade que une a ambos os dous rexedores.
Cerdedo e Cotobade son dous concellos coa poboación moi envellecida e un crecemento vexetativo altamente negativo. Son, ademais, dous concellos cun importante déficit de servizos públicos, un financiamento endeble e un elevado número de veciños e veciñas no paro.
Ningún destes graves problemas o vai solucionar unha fusión nin se pode solventar dende o ámbito municipal. Son outras administracións, en concreto a Xunta e o Estado, os que teñen que garantir os servizos básicos e promover o emprego.
Porque a única forma de manter a poboación no rural é contar cunha boa prestación de servizos públicos básicos: sanidade, ensino, servizos sociais, E garantir estes servizos é unha obriga da Xunta de Galiza, non dos concellos, sexan estes de 1000, 5000 ou 10000 habitantes.
En todo o proceso da fusión apreciase unha clara intención por parte do Partido Popular de trasladarlle o peso do problema aos concellos, fuxindo así da propia responsabilidade que ten a administración galega, nunha clara deixación de funcións.
En coerencia con este posicionamento, o BNG ven de presentar unha batería de alegacións para tratar de paralizala.