'Resoan' trae un cruce de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio

'Resoan' trae un cruce de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio
Pontevedra, 19 de marzo de 2025. O ciclo Resoan comezará esta fin de semana como unha viaxe cultura e musical a través de distintos estilos, nacionalidades e xéneros. O edil de Cultura, Demetrio Gómez, presentou a programación que conforma esta proposta, promovida desde o Concello de Pontevedra, e que traerá até Pontevedra as actuacións de Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A Banda da Loba, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; e Abraham Cupeiro.

"Desenvolverase ao longo das vindeiras semanas, até maio, en tres espazos distintos: o Teatro Principal, o Auditorio do Pazo da Cultura e o Recinto Feiral, que se recupera como espazo musical para actuacións maiores", explicou o concelleiro. "É un ciclo de billeteira, a través de Ataquilla, agás o de Rodrigo Cuevas, que está en Woutick, e do que apenas queda o 20 % das entradas".

Gómez quixo sinalar a palabra anglosaxona crossroads, como termo ben achado para definir o que é Resoan, porque "a programación enteira atravesan camiños dun lado cara outro para facer cousas novas e sorprendentes".

O primeiro dos concertos será o 22 de marzo, ás 21 horas, no Teatro Principal, con Kiki Morente, dentro da xira de presentación do seu último disco, "Azabache".

'Resoan' trae un cruce de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio