O PP desenténdese da seguranza viaria na PO-531
Barro, 20 de xaneiro de 2015. O PP votou en contra no Parlamento Galego dunha iniciativa da deputada do BNG, Montse Prado, para mellorar a seguridade viaria na PO-531 entre Pontevedra e Curro, sen molestarse sequera en argumentar a súa oposición.
Non importou o alarmante número de accidentes que soporta a estrada (4 graves só desde a presentación da iniciativa en setembro pasado), nin os acordos acadados cos colectivos veciñais para mellorar a seguridade, nin sequera as promesas electorais realizadas pola ministra de Fomento, Ana Pastor, o Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, ou o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, quen afirmaba que a solución pasaba por converter a PO-531 nunha travesía urbana para tráfico local, suprimir a peaxe e ampliar un carril da AP-9 entre Pontevedra e Currro.
Coa súa posición o PP demostra que as súas promesas son papel mollado e que as vidas das persoas que transitan pola PO-531 non merecen a atención suficiente como para adoptar medidas que garantan a súa seguridade.