A Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, felicita a Pontevedra polo premio ONU-Habitat

12 feb. 2015 - 14:23

O Concello manifestou o seu apoio ao regulamento que prepara a DGT sobre a limitación a 30 km de velocidade máxima en medio urbano, para atallar o crecente nivel de sinistralidade que se rexistra nas cidades. Seguí felicitou aos munícipes polo recente Premio Dubai e Lores ofreceu á cidade como sede do IV Encontro de cidades pola seguridade viária, que podería celebrarse aquí, de prosperar esta iniciativa (os anteriores tiveron lugar en Xixón, Córdoba e Torrevieja).
Despois desta reunión, o alcalde participou, como presidente de honra, na sinatura dun protocolo entre a DX de Tráfico e a Rede de Cidades que Camiñan, que tamén asinaron o coordenador técnico desta rede, Pablo Barco, a alcaldesa de Ciudad Real, Rosa Romero, e o vereador de Urbanismo de Torres Vedras (Portugal), Bruno Ferreira.