O BNG de Soutomaior acusa ao PP de asaltar os petos dos cidadáns

Fernando Herrero, Portavoz municipal do BNG
O BNG de Soutomaior acusa ao PP de asaltar os petos dos cidadáns

O Concello de Soutomaior, cos votos favorábeis do PP, ven de aprobar unha suba do 2'7% de todas as taxas e impostos municipais, afectando. Esta medida afecta tanto ás taxas por servizos básicos como el subministro de agua, sumidoiros e lixo como a outros como o imposto de circulación.

O BNG pediulle ao PP un pouco de sensibilidade social, e que nun contexto tan difícil como o actual, onde moitas familias o están a pasar moi mal e o paro se incrementou un 3,3%, o Concello fixese un esforzo por conxelar as taxas municipais. Pero esta demanda caeu en saco roto.

Polo tanto, o BNG votou en contra da suba e denunciou, en palabras do portavoz municipal do BNG, Fernando Herrero que "o PP está asaltado os petos dos cidadáns por todas partes". Así, mentres desde Madrid, Mariano Rajoy sube o IVE, condea, coa súa política, ao paro a un grande número de persoas e baixa os salarios da maioría da poboación, Agustín Reguera fai a parte que lle corresponde e sube todos os impostos e taxas municipais. Co PP os veciños e veciñas somos, cada vez, máis probes

 

 

O BNG de Soutomaior acusa ao PP de asaltar os petos dos cidadáns