O PP dá novos pasos para intentar consolidar ENCE en Lourizán
Os feitos veñen a dar, máis unha vez, a razón ao BNG e ao Concello de Pontevedra, cando afirmou que cada paso que daba o PP a respeito do complexo pasteiro era para tentar consolidalo na súa actual ubicación.
En outubro de 2012 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dáballe a razón ao Concello no proceso xudicial contra o Plano de Incidencia Supramunicipal.
AS MENTIRAS DA XUNTA
En decembro a Xunta afirmaba que coa publicación no DOG do Plano Sectorial se cumpría a sentenza (algo que se negaba dende o Concello de Pontevedra), pero ocultaba que un mes antes presentara un recurso de casación diante do Tibunal Supremo contra a sentenza condenatoria. Este recurso coñeceuse agora, catro meses despois de presentado. En rolda de prensa urxente, César Mosquera anunciou que o Concello presentará o seu propio recurso pedindo que non se faga caso á Xunta, e que se confirme e endureza a sentenza.
ENCE, PP E CORRUPCIÓN
Este paso da Xunta coincide con outras medidas que procuran a consolidación da pasteira en Lourizán, como é a recente modificación da Lei de Costas. Este trato de favor con ENCE ten moito que ver coa corrupción asentada até a médula no sistema e no PP. Non en van, o que fora conselleiro de Medio Ambiente na Xunta do PP, Carlos del Álamo, forma parte do Consello de Administración de ENCE, e ex-ministra de Medio Ambiente, tamén do PP, Isabel Tocino, pasará a formar parte dese mesmo Consello o vindeiro 21 de marzo. Casualidades?