Pontevedra: referente internacional
Pontevedra, 18 de maio de 2016. O Concello de Pontevedra ten unha axenda cargada de citas internacionais nas vindeiras semanas para dar a coñecer o modelo de cidade. O concelleiro responsábel da área urbana, Luís Bará, explicou que nas últimas semanas multiplicáronse as chamadas para participar en congresos, seminarios e actos públicos aos que o Concello tivo que empezar a declinar como un encontro en Taiwan.
Os que están en carteira para finais deste mes son:
25 de maio: Participación no "VI Encontros de cidades para a Seguranza Viaria e a Mobilidade Sustentábel" da Dirección Xeral de Tráfico que se desenvolverá na cidade de Badajoz. O Concello estará representado pola tenente de alcalde, Carme da Silva, que participará nunha mesa redonda baixo o título Cara a un novo modelo de cidade.
25 de maio: Participación na NightShop As utopías urbanas organizada pola Universidade de Louvain. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participará xunto a Marc Fleurbaey, economista, profesor da Universidade de Princeton e experto en desigualdade; Georgios Maillis, arquitecto principal da ciudade de Charleroi, e Philippe Van Parijs, profesor de la Universidade de Louvain e de Oxford. A Universidade de Louvain celebra cun grande número de actos vinculados á utopía coincidindo co 500 aniversario da publicación do libro Utopía, de Tomás Moro (1516). Logo de coñecer a experiencia urbana de Pontevedra nun documental da Televisión francesa, a Universidade belga quere coñecer a experiencia de primeira man.
Xaviere Lucas (Universidade de Louvain): Estamos moi interesados en coñecer de primeira man esa fermosa utopía feita realidade que é a cidade de Pontevedra
26 de maio: O intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle participa nun Encontro de mobilidade peonil e bicicletas que organiza en Burgos, promovido pola Asociación "Andando de Burgos e Madrid a pie". Abordará o modelo de mobilidade de Pontevedra especialmente a recuperación de espazos públicos para as persoas e as técnicas de deseño de técnicas de mobilidade para deixar os tráficos de paso en tráficos de necesidade.
28 e 29 de maio. I congreso galego de seguridade e educación vial Cidade de Narón. Participará a tenente de alcalde, Carme da Silva e o responsábel do equipo de seguridade e educación viaria da Policía Local, Antonio Duarte.
2 de xuño: Participación na reunión das Cidades amigas da Infancia en Granada. Asistirán o concelleiro de Infraestruturas e vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e a tenente de alcalde, Carme da Silva.
Pontevedra participou nestes últimos meses en distintos foros internacionais en Zaragoza, Torres Vedras, Valladolid, Guimaraes cidades que miran a Pontevedra neste eido, explicou Luís Bará, quen apuntou que se incrementan día a día o número de publicacións sobre Pontevedra, o que implica un impacto moi importante na proxección da cidade.