"Traballaremos na defensa do proxecto nacionalista e no fortalecemento do BNG na comarca"

"Traballaremos na defensa do proxecto nacionalista e no fortalecemento do BNG na comarca"

cc-480x320-1Eva Vilaverde, concelleira en Moraña e actual deputada provincial, vén de ser elixida por unanimidade como nova Responsábel Comarcal. Como vicerresponsábel, foi elixido Manu Lourenzo, portavoz municipal do BNG en Soutomaior.

A renovación do Consello Comarcal deu relevo ao traballo realizado por Anxos Riveiro e Xosé Manuel F. Abraldes e configurou unha nova equipa coa que seguir apuntalando a estrutura organizativa do nacionalismo na comarca. A nova responsable comarcal, Eva Vilaverde, asegura ante este novo reto que “esperamos continuar coa liña de traballo desenvolvida ata o de agora e adaptala aos tempos cambiantes que nos tocou vivir, para que os proxectos nacionalistas desta comarca sigan sendo un referente político no resto do país”.

Manu Lourenzo, Demetrio Gómez e Luís Bará incorpóranse ao Consello Nacional

A liña de traballo definida pola nova equipa fundaméntase en catro obxectivos principais:

 

  • Reafirmar, estender e clarificar o discurso nacionalista e os principios ideolóxicos do BNG desde a súa base.

 

  • Reforzar a estrutura da organización.

 

  • Acrecentar a presenza pública ligada ao calendario e realidade socio-política de cada momento e a súa repercusión nas diferentes localidades.

 

  • Apoiar a traballo político-institucional a realizar nos concellos, deseñando un modelo con perfil propio en cada un deles.

 

Trazos da nova equipa do Consello Comarcal:

 

  • TERRITORIAL: a nova equipa é o resultado da proposta do Consello Comarcal saínte na que se respectou o criterio habitual da comarca de manter a representación do conxunto do territorio. Desta maneira garántese a participación directa das localidades na toma de decisións, a súa información inmediata das novidades organizativas e da situación de todo o territorio.

 

  •  XÉNERO: a presenza das mulleres no Consello Comarcal de Pontevedra nin é nin foi nunca unha cuestión de trámite formal. Proba diso é que unha Responsábel Comarcal dá paso a outra Responsábel Comarcal. A ampla representación de mulleres neste órgano de dirección, moitas delas tamén en importantes cargos de representación, non debe cegarnos ante a desigual realidade da muller na política e a necesidade de termos  que seguir traballando no ámbito local xa que a porcentaxe de afiliación segue sen ser parella entre homes e mulleres.

 

  • MOCIDADE: a importancia e o bo traballo realizado por Galiza Nova trasládase ao propio Consello Comarcal, no que se inclúen sete persoas membros da organización xuvenil. Isto dá mostra, primeiro de que nesta Comarca a mocidade sempre tivo o protagonismo que mereceu, participando activamente na toma de decisións. E segundo, que en Pontevedra existe un fondo compromiso entre a militancia máis nova, cun amplo grupo de traballo activo que garante un futuro saudábel da organización. Forza, ilusión e compromiso, que entroncan directamente co chamamento que fai a nova Responsable Comarcal á militancia da comarca, na dirección de continuar engrandecendo a organización cun discurso político claro de fortalecemento do proxecto nacionalista.

 

 

"Traballaremos na defensa do proxecto nacionalista e no fortalecemento do BNG na comarca"