SÁBADO 22 ÁS 20 H. TEATRO PRINCIPAL

25 anos construíndo Pontevedra

25 anos construíndo Pontevedra

Cúmprense 25 anos do comezo da transformación que fixo que Pontevedra pasase de ser unha cidade gris, triste e anodina a unha cidade luminosa, dinámica e acolledora. 

25 anos de contínua transformación, mellorando a vida das persoas e convertendo a Pontevedra no referente mundial de mobilidade, accesibilidade e seguridade. 

25 anos de aposta decidida pola cultura, polo lecer, por encher de actividade o espazo urbano. 25 anos de melloras constantes nun rural con cada vez maior calidade de vida.

Cúmprense 25 anos de goberno nacionalista en Pontevedra, un bo momento para entre todos e todas celebrar o conseguido e, sobre todo, apuntalar a Pontevedra que vén. 

Animámoste a acompañarnos na celebración destes 25 anos, no grande acto que terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño ás 20 h. no Teatro Principal, e que contará coa participación da tenente-alcalde, Eva Vilaverde, da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

XXV anos transformando Pontevedra. Video Mariña: https://youtu.be/Wm2l8VCaAu8

XXV anos transformando Pontevedra. Video de Adán: https://youtu.be/RxLcNL1ozFo

XXV anos transformando Pontevedra. Video de Elisa: https://youtu.be/tF9Up9fxkk4

25 anos construíndo Pontevedra