DO 17 AO 19 DE XULLO
Chega Itineranta, un espectáculo para gozar con todos os sentidos
Pontevedra, 12 de xullo de 2024. Pontevedra acollerá entre o 17 e o 19 de xullo o festival Itineranta, coordinado pola compañía Troula, e adicado aos espectáculos de rúa itinerantes, Itineranta converteuse nunha referencia total dentro do país á hora de amosar e achegar espectáculos deste tipo, contando cun éxito no que cada ano se multiplica o número de espectadores.
O concelleiro de Cultura, lembrou que este ano Itineranta contará con 11 espectáculos diferentes, de 10 compañías distintas e que terá como escnenario o mellor posíbel: as rúas e prazas de Pontevedra, a partir das 19.30 horas.
O mércores 17, veciñanza e visitantes poderán gozar das actuacións de Campi Qui Pugui (The Yetis), Produccions Scura (LudiNautes) e El Carromato (Elipsión). O xoves 18 de Asaco Producciones (Custodios), Campi Qui Pugui (Rats!), Sound de Secà (Äcid) e Troula (Hexágonum). Por último, o venres 19 de xullo, estarán Xip Xap (Rag & Bone), Markeliñe (Andante), Bambolea (Aukera) e Xarxa Teatre (Nit màgica).
Demetrio Gómez subliñou que Itineranta “é un festival para gozar con todos os sentidos”. “Temos son, luz, música, cor, cheiros, interaccións directas... É unha das citas para deixarse levar, para coñecer o teatro de rúa e participar nunha catarse colectiva na que nos mesturamos cos actores e actrices. É unha oportunidade única para gozar da esencia do teatro e facelo xuntos”.
Pola súa banda, Sergio Rodríguez, representante de Troula, lembrou que este ciclo é unha referencia pola que “xa pasaron todas as grandes compañías do Estado con espectáculos deste tipo”. “Teremos este ano dúas estreas, tanto de El Carromato coma nós (Troula), mesturando distintos elementos e artes... “.