Titirivedra traerá o mellor teatro de monicreques do país para gozar en familia
Pontevedra, 10 de xullo de 2024. Pontevedra volverá contar cos mellores espectáculos teatrais de monicreques do país. O ciclo cultural Titirivedra antóllase imperdíbel para todas familias pontevedresas que queiran gozar de sesións diarias deste tipo, pensadas para que gocen as crianzas, mais tamén para que os seus acompañantes adultos poidan desfrutar a través das distintas capas de comprensión e dinamismo que cada función propón.
O edil de Festas, Demetrio Gómez, sinalou que sete compañías con sete espectáculos diferentes son as que forman Titirivedra -cinco delas galegas e dúas lusas-. "Seremos a referencia dentro de Galiza deste tipo de espectáculos que teñen unha fonda tradición no país", indicou. "Queremos ter un sitio neste eido. Son espectáculos para crianzas e son espectáculos de altísima calidade que abren a porta a un repaso por distintos clásicos da historia da literatura".
O concelleiro estivo acompañado pos membros da compañía Tanxarina, que pechará o ciclo co seu espectáculo Titiricircus, unha obra teatral que é en si mesma unha referencia, pois logo de máis de 1.500 funcións é a obra teatral en galego máis veces representada -polos seus creadores orixinais- no mundo.
O programa completo é o seguinte, con todos os espectáculos co seu inicio ás 19.00 horas na Alameda:
Luns, 15 de xullo
- As mil e Uma Noites - Caricata Teatro
Martes, 16 de xullo
- O galo Quirico - Títeres Seisdedos
Mércores, 17 de xullo
- Novos lobos - Fantoches Baj
Xoves, 18 de xullo
- Raio The Loubicán - Títeres Mircromina
Venres, 19 de xullo
- A pita xefa - Títeres Alkrán
Sábado, 20 de xullo
- Polichinela titor de Pierrot - Danthea Teatro
Domingo, 21 de Xuño
- Titiricircus - Tanxarina