Dous días para celebrar o premio ONU-Habitat coa cidadanía

Dous días para celebrar o premio ONU-Habitat coa cidadanía

Dubai_480x320Pontevedra, 4 de marzo de 2015. Pontevedra celebrará por todo o alto con dous días de actividades a concesión do premio ONU-Habitat.

O primeiro terá lugar o xoves 5 cun acto público ás 20 h. no Teatro Principal onde participarán os distintos colectivos que avalaron a candidatura pontevedresa e se proxectarán uns videos con referencias aos actos protocolarios que tiveron lugar en Dubai.

Os actos continuarán cunha grande festa popular nas rúas e prazas da cidade. Coa actuación de distintos grupos da cidade, que abarcan desde a animación de rúa á música dos máis variados estilos musicais.

Así, dende as 17.30 horas haberá animación itinerante por rúas e prazas a cargo de Roubabicos, Os de Algures, Gaiteiros das Rías Baixas, Olodum do Coio e Troula.

As actividades para o público infantil comezarán ás 17 nas prazas da Peregrina e Curros Enríquez. Ademais, esta última praza acollerá tamén un concerto de música tradicional, co grupo Trepia a partir das 20.00 horas.

Tamén participarán nestes actos grupos de pop rock do Local de Música. No seu caso, a partir das cinco da tarde, repartiranse entre a Praza da Verdura (Fátima Baña e Leo Rodríguez), a praza de Méndez Núñez (La casa de los ingleses e Soulbreakers) e a praza do Teucro (Champurrada e Flying Carpet).

Por último, o fin de festa terá lugar na praza da Ferrería con actuacións, dende as sete e media da tarde, de Los Antonis, Programa festaCoribantes e os Black Stone. Ao remate deste grupo chegará á praza o espectáculo de animación do grupo Troula, que ofrecerá unha espectacular montaxe de luces, lume e pirotecnia co que Pontevedra despedirá a celebración deste prestixioso premio.

 

Dous días para celebrar o premio ONU-Habitat coa cidadanía