A compostaxe estará implantada a mediados de 2017 nos concellos da provincia
O vicepresidente da deputación, César Mosquera, asegurou na súa participación no seminario Composta en Rede que a aspiración da Deputación é que a mediados do ano 2017 a compostaxe estea instaurada como sistema de xestión do lixo en boa parte dos concellos da provincia coa segunda fase do Plan Revitaliza.
300 especialista participan a partir de mañá en Pontevedra no VI Seminario de Composta en Rede
O seminario de Composta en Rede sobre compostaxe doméstica e comunitaria traerá mañá a Pontevedra a preto de 300 persoas interesadas no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, a alta inscrición está “respostando ás expectativas xeradas polo traballo provincial na materia, que é moi novidoso polas súas aspiracións, e que está no punto de mira de moitos concellos e persoas do sector”.
En marcha os composteiros en Monte Porreiro
Os veciños e veciñas de Monte Porreiro estrearon xa os tres primeiros composteiros comunitarios do barrio, situados nas rúas Italia, Alemania e na praza de Europa