300 especialista participan a partir de mañá en Pontevedra no VI Seminario de Composta en Rede

compostaenrede1, DEPUTACIÓN, CÉSAR MOSQUERA
compostaenrede1

O seminario de Composta en Rede sobre compostaxe doméstica e comunitaria traerá mañá a Pontevedra a preto de 300 persoas interesadas no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, a alta inscrición está “respostando ás expectativas xeradas polo traballo provincial na materia, que é moi novidoso polas súas aspiracións, e que está no punto de mira de moitos concellos e persoas do sector”.

300 especialista participan a partir de mañá en Pontevedra no VI Seminario de Composta en Rede

O seminario de Composta en Rede sobre compostaxe doméstica e comunitaria traerá mañá a Pontevedra a preto de 300 persoas interesadas no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, a alta inscrición está “respostando ás expectativas xeradas polo traballo provincial na materia, que é moi novidoso polas súas aspiracións, e que está no punto de mira de moitos concellos e persoas do sector”.

A expectativa que está levantando é moi superior a anteriores edicións (a anterior contou con 60 participantes en Granada) e ata Pontevedra chegarán técnicos e políticos de moitos concellos da provincia, pero tamén do resto de Galiza e do Estado. Así, haberá representantes dos concellos de Rivas Vaciamadrid, Madrid, San Sebastián de los Reyes, Ciempozuelos, Leganés, Hernani, Elburgo (Araba), Pamplona, Área Metropolitana de Barcelona, Deputación de Granada ou Baguim do Monte (distrito Porto- Portugal). Haberá tamén membros de entidades como a Misión Biolóxica de Galiza, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Universidade de Navarra, Xestores Ambientais de Galiza ou Sogama, Adega e Amigos da Terra, entre outras.

Na presentación do seminarioestivo presente o consultor Ramón Plana, responsable de proxectos de compostaxe de todo o estado, quen remarcou que esta edición do simposio de Composta en Rede (a sexta) é con diferencia a de maior expectación, se ben subliñou que a repercusión que está a ter fóra de Galiza o Plan Revitaliza debería ser incluso “moi superior” á que está tendo polo novidoso da aposta. Plana sinalou que o número de inscritos corresponde con moitos concellos que están a traballar na compostaxe e que pretenden “vir a Pontevedra a ver e comprobar… A ter unha constatación dos feitos para despois poder aplicalos nos seus territorios”.

Por outra banda, Plana adiantou parte da súa intervención no seminario, que versará sobre a agrocompostaxe centralizada de biorresiduos e a experirencia austríaca. O consultor explicou que o modelo austríaco propón unha simbiose entre o sector primario e os gobernos municipais, que tratan os residuos orgánicos urbanos nas instalacións agrícolas de forma conxunta cos da agricultura e gandería. “Caben varias posibilidades, que os propios agricultores fagan a recollida do lixo urbano e a leven á súa planta de tratamento de residuos propia, ou que a recollida a faga o concello de forma pública ou privada. En calquera caso, os gobernos pagan polo servizo que obteñen dos empresarios do rural e conséguese pechar o círculo, xa que o agricultor que xestiona o lixo pode utilizar o compost para fertilizar a súa produción. O que se consegue é un aproveitamento local da materia orgánica como un recurso”, explicou.

Sobre este modelo, o vicepresidente Mosquera subliñou que a Deputación de Pontevedra considera que é “bastante aplicable” na provincia. Subliñou que se está a traballar nesa liña, pero que a día de hoxe non é posible unha maior colaboración con gandeiros e agricultores porque “están preocupados pola súa supervivencia e non poden atender a outras cuestións”. En calquera caso, Mosquera tendeu a man e manifestou a súa esperanza nun cambio de situación na economía do sector primario que permita “unha colaboración e un espazo de convivencia”.

En canto ao funcionamento dos centros de compostaxe comunitaria (CCC) na provincia, o vicepresidente destacou que nas vindeiras semanas chegarase aos 60 composteiros (con máis de 300 módulos). A día de hoxe están instalados composteiros en Caldas de Reis, Illa de Arousa, Moaña, Pontevedra, Sanxenxo, Vilaboa, Barro, Cambados, Tomiño, Soutomaior, Vilagarcía, O Grove, Ponteareas, Cangas e Ribadumia e Salceda de Caselas, estes dous últimos que incluso xa foron ampliados. Nestes días realizarase tamén a colocación en Bueu, Baiona e Redondela e ampliaranse os CCC existentes en Barro e Vilaboa con dous módulos máis cada un. 

 

Programa do seminario

Mosquera lembrou que as sesións técnicas do seminario, nas que terá unha parte fundamental a explicación sobre o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación, haberá técnicos e especialistas de primeiro nivel. A xornada de mañá comeza coa presentación e apertura oficial do seminario a cargo da presidenta provincial Carmela Silva, o presidente de Composta en Red Jorge Romea, a presidenta de Adega Virginia Rodríguez, o presidente de Amigos da Terra Víctor Barro, o alcalde de Allariz Francisco García e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores. 

Posteriormente iniciaranse as palestras técnicas, nas que falará a representante do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, Ana Rodríguez Cruz, sobre ‘Os biorresiduos no Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR)’. Seguiralle o técnico do concello de Allariz, Bernardo Varela López, que explicará o proxecto de compostaxe de Allariz para, acto seguido, dar paso ao Plan Revitaliza da man do vicepresidente da Deputación César Mosquera e o asesor de residuos Carlos Pérez. Durante a mañá tamén lle tocará a quenda ao consultor especialista Ramón Plana; ao responsable de residuos da mancomunidade de Pamplona, Alfonso Amorena, que falará dos dez anos de experiencia da compostaxe na comarca; e a Mattin Aldaia, do concello de Hernani, que falará do proxecto do seu municipio. 

Xa pola tarde terán espazo Ramón Linaza (Madrid), Javier Vázquez (Santiago de Compostela), Secundino García (San Sadurniño), María Durán (Amigos da Terra), Margarita López (Universidade Politécnica de Cataluña), María Lafuente (Adega) e Sergio Quiroga (Ecocelta).

O venres 21 será o día das visitas técnicas, que se iniciarán coñecendo ‘in situ’ o traballo de compostaxe que se está a facer en Príncipe Felipe, complexo socio asistencial considerado como unha “illa ecobiolóxica de residuos” na que se tratan os residuos orgánicos e da que non sae ningún outro tipo de lixo sen separar para o reciclaxe. Despois, os participantes no seminario irán ao barrio de Monte Porreiro, onde están instalados catro centros de compostaxe comunitaria, coa finalidade de ver as súas ubicacións na vía pública dun contorno urbano. Finalmente, o venres pola tarde realizarase unha visita a Allariz.

300 especialista participan a partir de mañá en Pontevedra no VI Seminario de Composta en Rede