Pontevedra leva o modelo urbano a Lanzarote
Pontevedra participa na I xornada e obradoiro de futuro “Cambiemos a mobilidade urbana” organizada polo Cabildo de Lanzarote, que se celebra na cidade de Arrecifeentre os días 20 e 22 de outubro.
O intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle representará ao Concello de Pontevedra na primeira das xornadas, que terá unha intensa representación en distintos actos ao longo do día.
Ademais de ofrecer unha conferencia sobre “A cidade accesible e habitable: o cambio de modelo é posible”, no marco da terceira sesión da xornada que leva por título “Máis alá da mobilidade: convivencia, autonomía, equidade e seguridade”, Daniel Macenlle tamén participará na mesa de debate “Os retos da mobilidade sostíbel nos espazos urbanos de Lanzarote: como iniciar un cambio de rumbo”.
Tamén está previsto que pola tarde participe no Paseo dialogado: mirar a rúa doutra maneira, unha actividade que consiste nun paseo por unha das principais rúas de Arrecife con urbanistas, arquitectos e outros expertos en mobilidade urbana con cidadáns, na que se darán charlas en distintos puntos. Daniel Macenlle é un dos expertos que ofrecerá as explicacións que lle sexan requeridas.