É COÑECIDA COMO A CAPITAL ECOLÓXICA DO PAÍS ASIÁTICO

A cidade coreana de Suncheon estuda en Pontevedra solucións para a súa mobilidade

Reunión coa delegación coreana de Sencheon
Reunión coa delegación coreana de Sencheon
A cidade coreana de Suncheon estuda en Pontevedra solucións para a súa mobilidade

Pontevedra, 3 de setembro de 2024. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do director xeral de Protección e Seguridade cidadá, Daniel Macenlle, recibiu á delegación do municipio coreano de Suncheon que se achegou até Pontevedra para poder aproximarse, estudar e comprender o modelo urbano de Pontevedra, así como a transformación realizada ao longo das últimas décadas.

Suncheon é coñecida como a capital ecolóxica de Corea, contando con espazos únicos grazas aos seus famosos humidais ou co primeiro xardín nacional do seu país. É unha cidade de 290.000 habitantes que está a estudar fórmulas para aliviar a conxestión de tráfico e crear unha contorna de transporte ecolóxico. En definitiva, avanzar na idea de facer unha cidade centrada nas persoas e non nos automóbiles, promovendo o uso do transporte público, a bicicleta e a mobilidade a pé para confrontar o cambio climático.

O rexedor da cidade mantivo unha reunión coa delegación, formada por sete traballadoras do concello de Suncheon, de distintas áreas e departamentos. Durante a súa exposición, Fernández Lores puido achegar os diferentes elementos e factores que permitiron a Pontevedra transformarse nunha cidade referente no mundo ao respecto da mobilidade peonil.

 

A cidade coreana de Suncheon estuda en Pontevedra solucións para a súa mobilidade