Adiante Pontevedra! Preparando o grande salto adiante
O vindeiro 4 de maio, o recinto feiral de Pontevedra acollerá unha multitudinaria cea do BNG con todas aquelas persoas que queiran aportar para o grande salto adiante que está en condicións de dar a cidade do Lérez. Unha festa de todos e todas para celebrar este proxecto común e, sobre todo, para dar un significativo salto adiante que aproveite todas as sinerxias do Modelo Pontevedra.
Lores desmonta unha por unha as mentiras do PP coa compostaxe
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desmontou de forma contundente, unha a unha, as mentiras do PP sobre a compostaxe. Nin ilegalidades por falta de autorización, nin roedores, nin insectos, nin cheiros, nin ubicacións por decisión política, nin falta de información, nin non escoitar aos veciños, nin actuación fóra de lugar da policía.
Discurso de Miguel Fdez. Lores na inauguración da Semana Galega de Filosofía
Defender o público é defender a sociedade, e protexela dos excesos da avaricia, da explotación e das inercias que os poderes económicos poñen nas nosas vidas, empuxados polas ansias capitalistas de acumular capital e aumentar as desigualdades.
O Plan Revitaliza, seleccionado como mellor experiencia ambiental do Estado
O Plan Revitaliza de compostaxe impulsado pola Deputación de Pontevedra vén de ser seleccionado como a ‘experiencia ambiental país relevante’ no Estado español pola axencia europea ‘Zero waste Europe’
O BNG leva ao Parlamento a deriva represiva do Estado
O deputado do BNG, Luís Bará anunciou a presentación no Parlamento Galego dunha serie de iniciativas para denunciar a evidente regresión das liberdades democráticas no Estado Español
Manu Fariña colle a Portavocía do BNG en Caldas
Manu Fariña incorpórase como concelleiro do BNG en Caldas de Reis en substitución de Iñaki Fdez. que, por motivos laborais, ten que deixar o posto. O Obxectivo que se marca para este periodo é devolverle a Caldas ao lugar que se merece
A ministra de Medio Ambiente sueca interésase sobre como aplicar o Modelo Pontevedra nas cidades suecas
César Mosquera instou á ministra sueca de Medio Ambiente "Carolina Skog" a actuar coas ideas claras e valentía política á hora de deseñar cidades para as persoas
Pontevedra e Ciudad de México acorda impulsar o intercambio de investimentos
Na sea última xornada en México, asinouse un protocolo de colaboración entre Pontevedra e a Secretaría de Desenvolvemento Económico de Ciudad de México para impulsar o intercambio de investimentos
2000 profesionais da arquitectura e o urbanismo interesados en México no modelo Pontevedra
A lección magistral de Miguel Anxo Fernández Lores sobre a transformación de Pontevedra suscita a atención de 2000 profisionais da arquitectura e o urbanismo en Cidade de México
Lores en México: "A administración ten que distribuir a riqueza e frear o crecemento desigual"
O alcalde de Pontevedra defendeu en México a existencia do Estado como administración encargada de repartir a riqueza e frear o crecemento desigual que supón unha incorrecta política urbanística, no marco da sea primeira intervención en Mexprópoli, o festival de arquitectura e cidade que se desenvolve estes días en Ciudad de México
Bará propón á Xunta o Modelo Pontevedra para mellorar a seguridade vial
O Deputado do BNG vén de proponer que a Xunta siga o exemplo do Concello de Pontevedra, todo un referente mundial, para mellorar a seguridade vial.
Soutomaior acumula un novo retraso no orzamento de 2018
Os retrasos na aprobación dos orzamentos están a lastrar obras necesarias en Soutomaior
Ana Pontón pon a Esdemga como exemplo da creatividade do país
Ana Pontón reclama poñer fin aos recortes na Universidade para impulsar o grande potencial galego no ámbito da creatividade como nicho económico de futuro
A homenaxe a Lois Obelleiro desborda o Multiusos de Arcade
A alegría e o optimismo contaxiaron o Multiusos nun acto que foi todo un alegato de vida, compromiso e loita. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que definíu a Obelleiro como un mestre e un exemplo de loita en defensa dunha Galiza Ceibe, afirmou que "estaría pletórico ao ver que o próximo alcalde de Soutomaior será nacionalista, será Manu Lourenzo"
O modelo urbano de Pontevedra abre as portas á internacionalización da cidade
O alcalde de Pontevedra participará o 7 de Marzo no Seminario Global de Salzburgo, un dos foros de prescriptores/as máis potente do mundo, para abordar a transformación de Pontevedra
O BNG pide á Xunta que retire o Plan de Transportes e negocie unha proposta cos sectores implicados
O portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, volveu reclamar á Xunta a retirada do polémico plan de transportes “que está causando un rexeitamento case unánime entre todos os sectores afectados e que xa ten provocado grandes prexuízos á cidadanía