Novas
A fobia do PP contra a compostaxe levaos a mentir e facer o ridículo
26/out./2019
Non todo vale. A fobia do PP pontevedrés contra a compostaxe levao á recurrir, sen ningún rubor, a toda clase de falacias para tentar crear alarma social. Este recurso sistemático á mentira fai que caian unha e outra vez no máis monumental dos ridículos. O concelleiro de Facenda, o noso compañeiro Raimundo González, destapou, un a un, as mentiras do PP e sentenciou que aquelas persoas que recurren á mentira non son dignas de exercer o cargo de concelleiro ou concelleira en Pontevedra.
O tráfico do barrio do Burgo adaptarase ao modelo de cidade
24/out./2019
Demetrio Gómez mantivo unha reunión coa directiva da Asociación Sociocultural do Burgo para explicarlles o proxecto de reforma integral da Santiña e coñecer a súa opinión. Con este proxecto -avalado polos veciños- búscase eliminar o tráfico de paso e axitación, priorizando a mobilidade peonil
O BNG reclama a reforma integral da estrada de Almofrei
24/out./2019
O BNG ven de presentar unha iniciativa no Concello de Cerdedo-Cotobade para que inste á Deputación a reformar a estrada de Almofrei, de forma que se mellore a seguridade e a mobilidade, e ao tempo, se favoreza a vertebración social, o aproveitamento turístico e a dinamización económica e social da vila
Pontevedra subvencionará os plans de ordenación da Mancomunidade de Montes
17/out./2019
O Concello de Pontevedra elaborará un convenio para que todas as comunidades de montes que forman parte da mancomunidade conten con apoio para dispoñer de plans de ordenación do monte
Vídeo
{pgalicia} comision 1 institucional administracion xeral xustiza interior 2019 10 16 master 1 MP4 36
16/out./2019
Intervención de Luís Bará na Comisión 1 do Parlamento Galego sobre as emerxencias nos concellos en sombra no interior da provincia de Pontevedra
O BNG pide un parque de bombeiros no interior de Pontevedra para os concellos en zona de sombra
16/out./2019
O BNG demandou a creación dun parque de bombeiros para solucionar o problema das emerxencias nos concellos de sombra: A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Moraña e Ponte Caldelas, mentres a Xunta actuou de escapista e non respondeu á demanda de crear unha mesa de negociación coa Deputación e os Concellos para decidir a ubicación do novo parque baixo criterios técnicos
O 10N: unha oportunidade para que Galiza teña voz propia no Congreso
16/out./2019
Na presentación da candidatura do BNG ás vindeiras eleccións xerais, Carme da Silva salientou que estas eleccións deben ir "de solucionar os problemas de galegos e galegas (AP-9, ENCE, sectores produtivos, infraestruturas...) e non do futuro de Sñanchez, Casado ou Rivera
A campaña Efecto PO2 chega esta semana a Andorra, Porto e Bruxelas
16/out./2019
O Modelo Pontevedra estará presente esta semana en diferentes congresos sobre mobilidade, que terán lugar en Andorra, Porto e Bruxelas, e que contará coa participación dos concelleiros Xaquín Moreda, Demetrio Gómez, Alberto Oubiña e Anabel Gulías
O BNG esíxelle a Fomento a urxente urbanización da N-640
16/out./2019
O BNG esíxelle ao ministerio de Fomento a urxente urbanización do treito da N-640 entre o centro de Caldas e o polígono industrial de Bemil, de xeito que sirva para mellorar a seguridade viaria e dotar de saneamento a boa parte da parroquia de Bemil
BNG, a única forza capaz de facer política a favor de Galiza
15/out./2019
A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, apelou, na presentación da candidatura ás vindeiras elección xerais do 10N, á traxectoria do Bloque de traballo serio a favor do país, fronte ao espectáculo e frivolidade das forzas estatais e aos 23 deputados e deputadas que non abriron a boca ante as discriminacións cos galegos e galegas