A VISITA A SALZBURGO É UN PUNTO DE INFLEXIÓN NA TRAXECTORIA INTERNACIONAL DE PONTEVEDRA

O modelo urbano de Pontevedra abre as portas á internacionalización da cidade

Miguel Anxo Fdez. Lores
Miguel Anxo Fdez. Lores

O alcalde de Pontevedra participará o 7 de Marzo no Seminario Global de Salzburgo, un dos foros de prescriptores/as máis potente do mundo, para abordar a transformación de Pontevedra

O modelo urbano de Pontevedra abre as portas á internacionalización da cidade

O BNG sempre defendeu un xeito de facer política diferente, entendéndoa coma unha ferramenta de transformación nun contexto adverso.

Desde diferentes eidos o BNG foi quen de manter un discurso propio baseado na crenza de que o pobo galego, confiando nas súas capacidades, pode mirar de igual a igual e construír unha nova realidade. Este discurso é inmutábel e foi defendido en todos os escenarios posíbeis, incluso nos máis hostís

A teoría é evidente na praxe institucional do BNG. Alí onde ten capacidade transforma, e sen dúbida, un dos moitos exemplos é Pontevedra.

A militanza nacionalista da cidade  foi quen de construír un modelo propio que hoxe é referencia internacional, sen renunciar a nosa identidade. Impulsado, participado e acompañado pola veciñanza de Pontevedra, o proxecto político do Bloque  demostrou que  a  evidencia do bo facer serve de reclamo para as máis importantes palestras mundiais.

O alcalde de Pontevedra será o único representante político convidado 

Este feito constatase co convite do Alcalde a un dos foros internacionais máis importante do mundo, o Seminario Global de Salzburgo.

O SGS foi creado no ano 1947 por un grupo de ex-alumnos/as de Harvard coa misión “de desafiar aos lideres actuais e futuros para facer un mundo mellor”. Persoeiros como Kofi Annan, Hillary Clinton, asesores dos presidentes Kennedy, Carter ou Clinton, entre outros/as  foron colaboradores/as do Salzburg Global Seminar. Unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve actividades en máis de 170 países e conta con máis de 36.000 persoas traballando nas súas redes para coñecer e trasladar exemplos mundiais de boas prácticas.

O alcalde,  intervirá o mércores, 7 de marzo, no seminario “How Mayors Can Take the Lead?”  (Como os/as alcaldes/as poden tomar o liderazgo ?) para falar da transformación de Pontevedra,  explicar a realidade  actual da cidade que “é unha demostración práctica de que facendo política podemos facer cousas para mellorar a vida das persoas”, subliñaba Fernández Lores, na súa intervención para presentar o evento.

Nunha rede internacional de tal magnitude, cabe destacar, que é o único responsábel político que intervirá para demostrar en calquera situación e ante calquera auditorio que o nacionalismo é a única alternativa de cambio.

No foro de prescriptores/as mundiais máis potente ao que foi convidado Pontevedra, teceremos redes compartindo a nosa experiencia e aprenderemos doutras prácticas para seguir traballando cara excelencia urbana, un camiño ao que non queremos renunciar.

O modelo urbano de Pontevedra abre as portas á internacionalización da cidade