Adiante Pontevedra! Preparando o grande salto adiante
O vindeiro 4 de maio, o recinto feiral de Pontevedra acollerá unha multitudinaria cea do BNG con todas aquelas persoas que queiran aportar para o grande salto adiante que está en condicións de dar a cidade do Lérez. Unha festa de todos e todas para celebrar este proxecto común e, sobre todo, para dar un significativo salto adiante que aproveite todas as sinerxias do Modelo Pontevedra.
“Todas as persoas que queiran colaborar para que Pontevedra vaia para arriba, están convidadas á cea, para departir, para falar, para achegar cousas por un futuro mellor para a nosa cidade”. Este foi o convite que fixo Miguel Anxo Fernández Lores a todos os pontevedreses e pontevedresas que queiran sumarse á cea que o BNG está a organizar para o vindeiro 4 de maio no Recinto Feiral.
“Queremos que nesta cea estea todo o mundo. Toda Pontevedra representada. Canta máis xente mellor porque necesitamos as súas achegas para que esta cidade avance cada vez máis”, explicaba Lores, quen asegurou que Pontevedra “é un modelo que trascende ás persoas e ás forzas políticas”.
“Queremos que este avance continúe e que dea un salto adiante. Temos os bimbios pero aínda hai moita xente que non se achegou ou que non aportou cousas, e queira aportalas”, explicaba Miguel Fernández Lores.
Animámoste non só a asistir, senón tamén a convidar á xente do teu entorno, para entre todos e todas facer unha grande festa para celebrar este proxecto común. Reserva o teu cubierto chamando ao 620 262 802 ou no correo electrónico [email protected]