Esiximos unha AP-9 galega e sen peaxes
O deputado do BNG Luís Bará, nunha Casa da Luz ateigada, expuxo as razóns que nos levan a reclamar a transferencia inmediata da AP-9 para Galiza e a supresión das peaxes.
O BNG insiste na necesidade dunha Vía Verde Pontevedra-Arcade
Luís Bará, acompañado polos portavoces municipais de Soutomaior -Manu Lourenzo- e Vilaboa -Ornela Fernández- presentou unha nova inciativa do BNG para converter a vella línea ferrea hoxe en desuso nunha vía verde que conecte Pontevedra e Arcade.
Bará en Treves: "A industria debe ser o baluarte do desenvolvemento económico de Galiza"
A industria ten que ser un baluarte do desenvolvemento económico do país, ten que ser apoiada con mecanismos específicos de tipo financeiro dende o goberno galego”, asegurou, para criticar o desleixo do goberno Feijóo ao asumir as limitacións impostas para o sector dende Madrid e Bruxelas que non permiten desenvolver o sector.
Luís Bará: "a aposta polas áreas comerciais urbana é unha das claves da marca BNG"
Defendemos o consumo no comercio local e dos produtos do país fronte ao modelo das grandes superficies que o que fan é espoliar o país e vir aquí a aproveitarse do consumo e da riqueza de aquí para levala fóra. Nós apostamos polo comercio de proximidade, polo comercio local e polos centros comerciais urbanos como este de Pontevedra que é un exemplo recoñecido en todo o mundo. Esa é unha das claves da marca BNG
Luís Bará: "A AP-9 debe estar xestionada desde Galiza"
O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou en Moraña que a AP-9 debe estar xestionada dende Galiza. Bará participou no mitin celebrado na Casa da Cultura ‘Castelao’ e reivindicou a transferencia desta infraestrutura, da que depende a mobilidade de millóns de galegos e galegas, para que deixen de pagar as peaxes máis caras do Estado.
Bará: "É preciso facer desaparecer da ría a peste de ENCE"
O BNG non vai permitir nas institucións nas que estea presente, no Parlamento galego ou onde sexa, a consolidación de Ence 60 anos máis de permanencia na ría aproveitándose de terreos que son de todos e todas.
Luís Bará: "Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer
“Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”. Así o asegurou hoxe o candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, durante a pegada de carteis que marca o inicio da campaña electoral. O nacionalista subliñou que os gobernos liderados pola súa formación á fronte de moitos concellos do país, así como a súa experiencia nas deputacións e anteriores gobernos galegos, son a demostración de que o BNG ten un proxecto claro para o país, serio e solvente.
Bará: "O sector do leite pode dar moito máis de si se Galiza aposta pola transformación e o valor engadido"
O cabeza de lista do BNG ás eleccións galegas pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que “o sector do leite pode dar moito máis de si se Galiza aposta pola transformación e o valor engadido”. O nacionalista así o dixo na visita á fábrica de iogures de Clesa en Caldas de Reis, onde subliñou que o goberno da Xunta debe crear e fortalecer un Grupo Lácteo Galego, así como apoiar “claramente e con valentía” iniciativas que apostan pola innovación.
Galiza ten que deixar de ser sucursal de Madrid
“Temos que ter instrumentos e ferramentas para que a Xunta se converta nun verdadeiro goberno galego e non nunha xestoría ou delegación de Madrid”. Así o manifestou o candidato do BNG ao Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen salientou que a formación nacionalista ten un proxecto claro e decidido para cambiar o rumbo de Galiza cunha base de experiencia, garantía de solvencia e seriedade, como xa ten demostrado alí onde goberna: concellos e deputacións.
Hai que apoiar a innovación
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou a necesidade de apostar polos proxectos empresariais que trasladen ao mundo a idea dunha Galiza ambiciosa e innovadora, que mira para fóra porque quere chegar lonxe. Así o asegurou durante a visita á empresa Distribucións Arnoia, no polígono de A Reigosa, que cualificou de “proxecto punteiro”, xa que está a levar libros dende Ponte Caldelas a máis de 40 países de todo o mundo grazas a unha valente visión empresarial e a unha aposta pola modernización e a innovación.
Pola seguridade nas estradas da Xunta
Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas de titularidade autonómica, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, e desenvolver un novo modelo de mobilidade na rede de estradas, primando a seguranza viaria, a accesibilidade, e as formas amábeis de mobilidade, principalmente a peonil e ciclista.
Luís Bará "Compre ambición de país"
O candidato do BNG ás eleccións galegas destacou, diante de emprendedores de Poio, a necesidade dunha banca pública que dea facilidades e dunha fiscalidade que non asfixie ás novas empresas