A seguranza viaria, prioritaria para o BNG
A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón participou na presentación do grupo parlamentario en Pontevedra onde, xunto con Luís Bará e Montse Prado, explicou as propostas que o Bloque levará ao Parlamento para mellorar a seguridade viaria e reducir os altos índices de siniestralidade cun custe inadmisible en vidas humanas e tamén económico.
Cen morte anuais de media, 1.000 millóns de euros en gastos derivados dos accidentes, seguros de automóbil máis caros “son evidencias de que o modelo de mobilidade non está funcionando e hai que adoptar medidas estruturais para cambialo”, explicou.
Para iso, o Bloque reclama as competencias en materia de seguridade viaria, xestión das infraestruturas para desenvolver unha política integral que teña en conta a realidade galega e modificar a Lei de Estradas para mudar as prioridades, de tal xeito que se prime ás persoas, ciclistas, transporte colectivo e, por último, o coche privado.
“Hai que inverter a orde de prioridades”, indicou Ana Pontón, “e apostar por investir na conservación da rede viaria que sofre un claro abandono, pola eliminación de puntos negros nas estradas que non se solucionan con radares, senón que precisan medidas de carácter estrutural", alegou.
Pola súa parte, Luís Bará puxo Pontevedra como exemplo de que é posible outro modelo de mobilidade e seguranza viaria para Galiza e reducir a “dramáticas” consecuencias do actual. “Os espazos públicos e as estradas deben ser recollidos como parte do medio ambiente urbano no que se desenvolve a vida das persoas, debe ser moito máis acolledor, amigable e sustentable”, argumentou.