O BNG propón axudas directas da Xunta para paliar a crise da COVID-19 no sector do viño galego e un Plan de apoio que o potencie de xeito estable
O parlamentario Luís Bará reuniuse con representantes da Asociación Galega de Viticultura, cos que se comprometeu a “volver poñer o rural no centro da política galega como un sector económico estratéxico”
Non hai nada máis revolucionario que apostar por unha forza como o BNG que cre na cultura propia
Aprobado por unanimidade o tratamento en terra dos lodos contaminantes da dragaxe do Lérez
Acordo unánime do Parlamento Galego para a reapertura de Aixola
O Parlamento Galego aprobou, por unanimidade, a Proposición Non de Lei presentada polo deputado do BNG, Luís Bará, para a reapertura inmediata do centro de formación Aixola, coa mesma oferta académica que tivo no curso 2016-2017, antes do seu peche.
O BNG leva ao Parlamento os reiterados cortes de luz en Pontevedra
A ría de Pontevedra, a rede viaria e os servizos públicos, centrarán a actividade parlamentar do BNG
O BNG leva ao Parlamento a deriva represiva do Estado
O deputado do BNG, Luís Bará anunciou a presentación no Parlamento Galego dunha serie de iniciativas para denunciar a evidente regresión das liberdades democráticas no Estado Español
Bará propón á Xunta o Modelo Pontevedra para mellorar a seguridade vial
O Deputado do BNG vén de proponer que a Xunta siga o exemplo do Concello de Pontevedra, todo un referente mundial, para mellorar a seguridade vial.
O BNG pide á Xunta que retire o Plan de Transportes e negocie unha proposta cos sectores implicados
O portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, volveu reclamar á Xunta a retirada do polémico plan de transportes “que está causando un rexeitamento case unánime entre todos os sectores afectados e que xa ten provocado grandes prexuízos á cidadanía
Esiximos unha AP-9 galega e sen peaxes
O deputado do BNG Luís Bará, nunha Casa da Luz ateigada, expuxo as razóns que nos levan a reclamar a transferencia inmediata da AP-9 para Galiza e a supresión das peaxes.
O BNG insiste na necesidade dunha Vía Verde Pontevedra-Arcade
Luís Bará, acompañado polos portavoces municipais de Soutomaior -Manu Lourenzo- e Vilaboa -Ornela Fernández- presentou unha nova inciativa do BNG para converter a vella línea ferrea hoxe en desuso nunha vía verde que conecte Pontevedra e Arcade.
Bará en Treves: "A industria debe ser o baluarte do desenvolvemento económico de Galiza"
A industria ten que ser un baluarte do desenvolvemento económico do país, ten que ser apoiada con mecanismos específicos de tipo financeiro dende o goberno galego”, asegurou, para criticar o desleixo do goberno Feijóo ao asumir as limitacións impostas para o sector dende Madrid e Bruxelas que non permiten desenvolver o sector.
Luís Bará: "a aposta polas áreas comerciais urbana é unha das claves da marca BNG"
Defendemos o consumo no comercio local e dos produtos do país fronte ao modelo das grandes superficies que o que fan é espoliar o país e vir aquí a aproveitarse do consumo e da riqueza de aquí para levala fóra. Nós apostamos polo comercio de proximidade, polo comercio local e polos centros comerciais urbanos como este de Pontevedra que é un exemplo recoñecido en todo o mundo. Esa é unha das claves da marca BNG