Obras de mantemento na cidade
Pontevedra, 23 de febreiro de 2015. O Concello de Pontevedra inicia nesta semana distintas obras urbanas de mantemento e reparación de diversas rúas céntricas da cidade. O concelleiro delegado do ámbito urbano, Luís Bará explicou esta mañá que as obras que se porán en marcha son:
- Reparación da beirarrúa na rúa Irmáns Nodales por 10.000 euros
- Reparación da calzada de lastro na rúa García Alén por 15.000 euros.
- Reparación da beirarrúa na avenida de Vigo (diante do Froiz) por 30.662 euros.
- Reparación do lastro na rúa Nova.
- Obras na avenida do Uruguai (na ponte do Burgo) para reparar a xunta de diltación. Péchase á circulación un carril dos dous dispoñibles. As obras comezarán ás 10 horas do mércores 25 e prolongaranse ata o venres 27. A afección para a circulación de vehículos consistirá na eliminación dun carril.
- Obras na rúa Carrasqueira: obras de reparación de asfaltao na rúa Carrasqueira. As obras comezarán o xoves, 26 de febreiro, ás 15.00 horas finalizando o propio día. Anúlase parte do estacionamento e péchase a circulación de vehículos pola rúa.
- Obras na rúa Italia: Obras de reposición de asfalto na rúa Italia no barrio de Monte Porreiro. As obras comezarán o xoves, 26 de febreiro, ás 09.30 horas. Quedarán finalizadas na propia mañá.
- Obras en Padre Fernando Olmedo. Inicio o venres 27 de febreiro, ás 09.30 horas. Non implica o corte da rúa pero si a retirada de estacionamento. As obras rematarán sobre as 13.30 horas. Obras de reposición de asfalto.
- Obras na rúa da Seca para a reposición de asfalto. Comezarán ás 15 horas do sábado 28. Darase paso alternativo aos vehículos no punto de corte. As obras finalizarán na mesma tarde.
- Obras na Glorieta de Xosé Malvar - Loureiro Crespo. Comezarán o sábado 28 ás 8:00 horas finalizando ao longo da mañá. Se produciran cortes e desvíos da circulación de vehículos polas rúas estremeiras.
- Obras na rúa de reposición de asfalto. Córtase o tramo final da rúa desviando a circulación cara á rúa Eduardo Pondal. Comezarán o venres 27 ás 15.00 horas e rematarán ao longo da tarde.
O Concello tamén iniciará nas vindeiras semanas traballos para mellorar a mobilidade na rúa Peregrina, entre Fonte dos nenos e a rúa Daniel de la Sota. Trátase dun tramo de grande concentración de persoas polo que o Concello eliminará os parterres e conservará as árbores que estarán protexidas por alcorques a nivel do chan, para que o espazo sexa o máis accesíbel posíbel.
Ao respecto do desdobramento da avenida de Vigo, Luís Bará explicou esta mañá que o proxecto de melloras na avenida da Estación van a moi bo ritmo. A beirarrúa da marxe dereita está practicamente rematada e xa comezaron os traballos na outra marxe para construír unha beirarrúa no lugar que agora hai unha franxa de estacionamento de vehículos.
Tamén comezou a urbanización do propio desdobramento coa construción das beirarrúas.
O concelleiro tamén explicou que na Comisión de Infraestruturas celebrada esta mañá abordouse o proxecto de creación dunha gran praza diante do Hospital Provincial. Este proxecto será licitado nos próximos días e o propósito é que todo o procedemento administrativo poida estar resolto no prazo duns tres meses.
Luís Bará recordou que se trata de facer unha gran praza entre a rúa Cobián Areal e as Urxencias do Hospital, que terá unha superficie aproximada duns 1.200 metros cadrados que se urbanizarán en lastro de pedra e formigón.
Esta obra, que terá un custe de licitación de 417.000 euros, suporá unha transformación moi substancial neste ámbito incrementando a súa calidade urbana. Aínda que será unha praza pública, será compatible co tráfico rodado en circunstancias excepcionais como nos desfiles de Reis, do Entroido ou calquera outra actividade destas características.