O goberno de Pontevedra mellora a estrada principal do núcleo de Lusquiños
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro delegado da parroquia de Tomeza, Demetrio Gómez visitaron o lugar de Lusquiños para coñecer os traballos de sostemento dos espazos públicos que se realizaron na estrada principal deste núcleo rural da parroquia de Tomeza.
Estes traballos que consistiron na mellora do pavimento da rúa así como do tratamento en superficie coa canalización de pluviais, foi unha das obras priorizadas dentro do Consello Parroquial de Tomeza, xa que se atopaba en mal estado e é moi transitada polos veciños e veciñas do lugar.
A obra mellorou substancialmente a estrada principal que dá acceso ao núcleo de Lusquiños e ao local social da zona, a antiga escola unitaria de Lusquiños, punto de reunión de todos os veciños e veciñas do lugar.