A Casa da Cultura de Moraña queda pequena na presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas
Moraña, 3 de marzo de 2015.- Tal e como se fixera público o pasado mes de xaneiro, o actual portavoz municipal do BNG, Marcos Suárez Redondo, volverá encabezar a candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Moraña, na que tamén repetirá como número 2 Eva Villaverde Pego. As 19 caras restantes que completan a lista déronse a coñecer o pasado sábado nun acto de presentación que ateigou o salón de actos da Casa de Cultura A.D.R. Castelao. Desta maneira a candidatura queda como segue:
1- Marcos Suárez Redondo.
2- Eva Villaverde Pego.
3- Rubén Fernández Monteagudo.
4- Mariña Búa González.
5- Susana Fuentes Gago.
6- Fco. Javier Acevedo Ferreira.
7- Eloi Carramal Escudeiro.
8- José Luís Núñez Monteagudo.
9- Paula Calvo Ruibal.
10- Mónica Rodríguez García.
11- Diego Antonio Oliveira Aboi.
12- Luís Cancela González.
13- Laura Casal Tizado.
14- Enrique Fernández Salgado.
15- Rafael Rodríguez Ruibal.
16- María Gamallo Silva.
17- Iván Ferreiro Pérez.
18- Dalmacio Pereira Souto.
19- Belén Giménez Solla.
20- Antonio Hervés Rivas.
21- Liliana Fariña Cerviño.
O BNG-Asembleas Abertas toma a dianteira ao resto das forzas políticas ao presentar o pasado sábado a súa candidatura completa
As intervencións correron a cargo das persoas que integran o primeiro tramo da lista, e o que máis se salientou nelas foi o traballo feito durante estes catro anos polo Grupo Municipal, o esforzo que sempre caracterizou ao BNG e a capacidade de traballo e ilusión que define a esta candidatura. Unha candidatura na que sobresae a mocidade e o activismo social e cultural que caracteriza a unha parte importante dos seus membros.
O cabeza de lista comezou a súa intervención agradecendo o compromiso amosado por todos e todas as compoñentes da Candidatura BNG-Asembleas Abertas.
Marcos Suárez deixou claro que Moraña precisa dun goberno forte, coherente e con decisión propia. Salientou a experiencia en xestión económica e xestión pública de membros da candidatura, así como o seu activismos social e traballo colectivo.
O acto contou coa presenza da Deputada Montse Prado e a Responsable Nacional de Política Municipal no BNG, Goretti Sanmartín, que arrouparon así a Candidatura BNG-Asembleas Abertas de Moraña.