A adquisición dos terreos da antiga telefónica marca o inicio do futuro San Antoniño

A adquisición dos terreos da antiga telefónica marca o inicio do futuro San Antoniño

Barro, 19 de decembro de 2023. O alcalde Barro asinou en Madrid a compra da parcela na que se sitúa a antiga central de Telefónica no Santo Antoniño, unha vez que quedou sen uso e que se construirá un novo Centro de Saúde. 

Abraldes leva traballando nesta operación desde fai máis dun ano, unha vez que Telefónica pasou a servirse unicamente desde a central de Curro. “Esa parcela é fundamental para o estruturación futura do Santo Antoniño, pois unha vez que se constrúa o novo centro de saúde, poderemos dispor dun gran solar entre os terreos do actual centro de saúde, os da central de Telefónica e a parcela do composteiro, para construír un novo equipamento cunha gran superficie”, afirmou o alcalde de Barro. 

O obxectivo do goberno municipal do BNG é poder construír un edificio destinado aos coidados da xente maior do concello, deixando un espazo para a construción dunha cafetería que, unha vez quitada a concurso a súa explotación, poida dar servizo a toda esa zona do núcleo do Santo Antoniño. 

A adquisición dos terreos da antiga telefónica marca o inicio do futuro San Antoniño