Soutomaior impulsa a 2ª Fase do Transporte á demanda tras o éxito na súa implantación

Soutomaior impulsa a 2ª Fase do Transporte á demanda tras o éxito na súa implantación

Soutomaior, 29 de abril de 2024. O Goberno de Soutomaior impulsará a segunda fase do servizo de ‘transporte a demanda’ municipal despois de comprobar o éxito na primeira fase, implantada desde o pasado mes de setembro. Este servizo ten por obxectivo facilitar a mobilidade entre as dúas parroquias do concello para que determinados colectivos poidan realizar trámites na Casa do Concello ou no Centro de Benestar Integrado ou achegarse ao centro de saúde de Arcade.

Na primeira fase, os colectivos beneficiarios foron as persoas usuarias de servizos sociais, persoas en risco de exclusión social, persoas maiores e todas aquelas persoas con necesidades de transporte específicas. Nesta segunda fase súmanse todos os veciños e veciñas do concello maiores de 65 anos e aquelas persoas con problemas de mobilidade acreditables. Tantos uns como outros tamén poderán facer uso deste servizo para achegarse ás dependencias municipais ou para acudir ao centro de saúde de Arcade.

Ao igual que a primeira fase do transporte a demanda, a segunda tamén será tramitada directamente polos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior, que se encargarán de xestionar todo o procedemento, unha vez que as persoas interesadas se poñan en contacto co persoal de Servizos Sociais.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “o transporte a demanda impulsado polo goberno de Soutomaior demostrou ser un éxito. Nestes primeiros meses de implantación foron moitos os veciños e veciñas que se beneficiaron deste servizo, e agora, con esta segunda fase, van a ser moitos máis os que se beneficien. Medidas como o transporte a demanda melloran a vida da veciñanza de Soutomaior, e niso traballamos no goberno de Soutomaior: en facer que a nosa veciñanza viva mellor, construíndo un Soutomaior máis amable, próximo e no que non deixamos a ninguén atrás”.

Soutomaior impulsa a 2ª Fase do Transporte á demanda tras o éxito na súa implantación