Pontevedra programa unha primavera chea de actividades para coñecer e gozar os parques forestais municipais

Pontevedra programa unha primavera chea de actividades para coñecer e gozar os parques forestais municipais
Pontevedra, 15 de maio de 2024. Chegada a primavera a Concellaría de Montes, que xestiona María José Abilleira, propón novas actividades do programa « O monte é teu » para coñecer e gozar dos parques forestais do concello: Pontillón do Castro, A Fracha e A Tomba, e poñer en valor este anel verde perimetral da cidade á que se achegan a diario os pontevedreses e pontevedresas. É un calendario de 19 actividades que abrengue os fins de semana dende o 18 de maio até o 16 de xuño.

Todo o catálogo de actividades está accesible na web de montes (montes.pontevedra.gal) ou en apuntate.pontevedra.gal, onde se poden consultar as primeiras das actividades, datas, idades de participación, material recomendado, así como o formulario de inscrición. Todas son de balde e requiren de preinscrición que se fará a través das citadas webs con formularios en liña.

Calendario:

A Fracha

  • O bestiario máxico. 18 maio
  • Lugares máxicos. 25 de maio
  • Observación de bolboretas. 26 de maio
  • Observación de flora e fauna. Rastros e pegadas. 1 xuño
  • Concerto: contos no monte. 2 de xuño
  • A natureza como espazo creativo. 15 de xuño

A Tomba

  • Máis que vento e fibra. Funcións e valores do noso monte. 19 de maio
  • Baños de bosque. 25 de maio
  • Contacontos sobre a natureza con música. 1 de xuño
  • Coñece os cantos das aves e fabricación de caixas niño. 2 de xuño
  • Observación solar. 16 de xuño
  • Ioga en familia. 8 de xuño
  • Buscando o Norte. Actividades de orientación con mapa. 9 de xuño

Pontillón do Castro

  • Observación astronómica nocturna. 31 de maio
  • A procura do tesouro: Geocaching. 2 de xuño
  • A música da natureza. Construción de instrumentos musicais con elementos naturais. 8 de xuño
  • Iniciación ao Kaiak. 9 de xuño
  • Os xoguetes de sempre. 9 de xuño
  • Observando macroinvertebrados. Os pequenos habitantes dos ríos. 15 de xuño
Pontevedra programa unha primavera chea de actividades para coñecer e gozar os parques forestais municipais