DOMINGO 26 DE MAIO
O Concello de Caldas organiza unha nova andaina popular polo Xiabre
Caldas, 15 de maio. O Concello de Caldas de Reis, a través da concellería de Deportes que dirixe o noso compañeiro Manuel Fariña, vai celebrar o domingo día 26 unha nova andaina popular dentro do programa de rutas deste 2024. Nesta ocasión será un circuíto de 14 quilómetros para coñecer o patrimonio natural e cultural do Monte do Xiabre en formato circular e con dificultade media, dunha duración aproximada de tres horas.
Hai 200 prazas dispoñibles e as inscricións estarán abertas ata as dúas da tarde do vindeiro venres 24. A reserva de praza pódese realizar en [email protected], a empresa especializada en sendeirismo que dirixirá a actividade, e aínda que a actividade será de balde sufragada polo Concello será preciso que as persoas participantes fagan o abono de tres euros para facer fronte ao seguro ante calquera incidencia. A ruta terá unha duración aproximada de tres horas e sairá da parroqua de Saiar, dende o centro socio-cultural As Goletas. Pódese solicitar máis información no 625 48 26 36.
Manuel Fariña: "O Xiabre é o miradoiro natural da comarca do Salnés, con marabillosas vistas de Caldas, Vilagarcía e a ría de Arousa
O tenente de Manuel Fariña fixo unha chamada á participación tanto da veciñanza de Caldas como de persoas doutros concellos para que se acheguen a coñecer tanto o patrimonio natural como cultural da vila termal. Destacou que o Xiabre é o miradoiro natural da comarca do Salnés, cun cumio que alcanza os 642 metros de altura, sendo o punto máis alto da comarca e apreciándose dende alí “marabillosas vistas de Caldas, Vilagarcía e a ría de Arousa”.