Pontevedra adxudica o servizo de socorrismo para as praias
Pontevedra 16 de maio de 2024. A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, destacou que o Concello está a recuperar o bo ritmo logo das problemáticas derivadas do atraso na aprobación do actual orzamento municipal, sinalando que as dependencias municipais están traballando «a ritmo máis que de cruceiro».
Neste sentido, o Concello adxudicou o xa contrato de socorrismo nas praias, tanto da do río Lérez como da de Ponte Sampaio, por importe de máis de 90.000 euros, con dous anos de duración, e posibilidade prórroga (1 ano + 1 ano).
O contrato permitirá cubrir todas as necesidades desde tipo de labor: vixilancia, formación a persoas usuarias, comunicación coa Policía Local, izar ou arriar bandeiras, primeiros auxilios... As dúas praias contarán con cadanseu socorrista, en horario de 13.00 a 20.30 horas, de luns a venres. Na fin de semana o servizo refórzase cunha persoa a maiores de 16.30 a 20.30 horas.