HABERÁ 175 PRAZAS DISPOÑÍBEIS
Caldas abre o prazo para reservas na escola municipal
Caldas, 21 de maio de 2024. O Concello de Caldas de Reis vén de abrir o prazo para a reserva de praza na Escola Municipal de Música para o próximo curso. O tenente de alcalde Manuel Fariña anunciou que haberá dispoñibles 175 prazas, e fixo unha chamada á rapazada nova para que se interese polos estudos musicais e se incorpore á escola “xa que Caldas tradicionalmente unha vila moi unida á música”.
Segundo destaca Fariña, ofreceranse diversos estudos musicais a través de plans de estudo flexibles e abertos aos intereses do alumnado. A escola, baixo a xefatura de estudos de Milagros Valiño, ofrecerá estudos de guitarra, piano, percusión, clarinete, trompeta, bombardino, trombón, trompa, tuba, saxofón, e violín, ademáis de formación de linguaxe musical, banda e diversas agrupacións.
Para inscribirse é preciso presentar o formulario cuberto no Rexistro do Concello. Poderán facer a súa reserva de praza todas as nenas e nenos de máis de catro anos e, aínda que terán preferencia as e os alumnos que renoven a matrícula, haberá posibilidade de novas incorporacións, motivo polo que o tenente de alcalde insiste en convidar a veciñanza a, cando menos, informarse das po- sibilidades para “vivir a música” dende a escola.
Fariña quixo subliñar que o curso vixente será o primeiro no que todo o profesorado sexa estabili- zado como persoal laboral fixo do Concello, afectando esta mellora ás oito prazas de traballo.