O Concello de Pontevedra solicita unha reunión coa Xunta para abordar o estado actual do CEIP Barcelos

O Concello de Pontevedra solicita unha reunión coa Xunta para abordar o estado actual do CEIP Barcelos

O Concello de Pontevedra vén de solicitar unha reunión coa Xunta para abordar a actual situación do CEIP Barcelos, a consecuencia da construción dun edificio lindeiro. Solicítase que a reunión sexa preferentemente de carácter técnico co fin de clarificar as obras que lle corresponden a cada administración. 

O concelleiro de Educación, Demetrio Gómez lembra que a Xunta de Galiza e o Concello de Pontevedra comparten competencias no mantemento e conservación das edificacións dos centros de ensino, por iso solicita este encontro para determinar como se van a afrontar as obras. De todos os xeitos, xa adianta que sempre existirá a colaboración máxima por parte do Concello. 

Tamén recorda que as obras serán o resultado dos estudos que vén de encargar o Concello de Pontevedra sobre a situación do edificio, e que determinarán que solución técnica se adopte para o ximnasio, a parte máis afectada. 

Na carta, explícase que o Concello executou “aquelas actuacións necesarias para evitar danos maiores” que consistiron en “garantir a estabilidade do edificio e reparar os danos ocasionados”. 

O Concello de Pontevedra solicita unha reunión coa Xunta para abordar o estado actual do CEIP Barcelos