Pontevedra pon a punto as palmeiras da cidade
Pontevedra, 5 de abril de 2024. Pontevedra está a poñer a punto as súas palmerias, cun “traballo global que se realizará en todos exemplares da cidade”, tal e como indicou o concelleiro responsábel, Xaquín Moreda.
De xeito principal, estes traballos afectarán a tres zonas concretas: Gutiérrez Mellado (con 24 palmeiras), Sagasta (con 20 exemplares) e na avenida de Vigo con Andrés Mellado (preto de 30 palmeiras).
Os traballos contan cun financiamento total de 17.525 euros e consisten na retirada de follas secas e na limpeza das vainas dos troncos. “Realmente son traballos complexos, xa que requiren da utilización dunha plataforma elevadora e nalgúns puntos é necesario programar cortes de tráfico”, explicou o edil. Nese sentido, todos os traballos se realizarán en coordinación co corpo da Policía Local.
«Estes eran uns traballos que entran do marco dese obxectivo principal para o Concello de Pontevedra que é manter os espazos públicos e o mobiliario urbano en estado de revista», sinalou. “Ademais, neste caso, tamén queremos mellorar a calidade de vida dos propios elementos vexetais”.