A Xunta confirma que deixa de ingresar dez millóns ao ano de ENCE

A Xunta confirma que deixa de ingresar dez millóns ao ano de ENCE

Montse-4No transcurso dunha pregunta parlamentaria sobre os convenios asinados pola Xunta con ENCE dende o ano 2009, as taxas a aboar polo uso do peirao de Ribadeo, a aplicación á empresa do canon da auga e o coeficiente de vertedura nos anos 2013-14 e 2015, a deputada do BNG, Montse Prado afirmou que ENCE tería que pagar “cinco millóns de euros ao ano polo consumo de auga” aos que sumou “outros cinco millóns polas verteduras”, sen embargo, recalcou, paga unha “cantidade ridícula”.

A maiores, dixo a nacionalista, no ano 2011 a Xunta asinou un convenio con ENCE para embarcar a pasta de papel coa que conta a empresa en Navia cunha rebaixa das taxas “dun 60% no peirao de Ribadeo”.

O Goberno xustifica a rebaixa do 60% de taxas portuarias a ENCE no porto de Ribadeo.

Pola súa parte, o presidente de Portos de Galiza, José Durán Hermida respondeu á nacionalista que Portos de Galiza só ten asinado un convenio cun contido demasiado extenso para abordalo nunha comisión parlamentaria polo que se comprometeu a entregar unha copia a deputada para a súa lectura.

A deputada do BNG, Montse Prado acusou ao goberno galego e ao Partido popular de “trato de favor” a ENCE e  de modificar  a Lei de Costas “Ad hoc” para seguir mantendo a pasteira na ría de Pontevedra

 

Sobre a rebaixa do 60% das taxas polo uso da pasteira no peirao de Ribadeo, explicou que o convenio foi amplamente publicitado no seu momento.

A parlamentaria tras recibir a documentación do presidente de Portos de Galiza reiterou “o trato de favor” do Goberno galego e criticou que a Xunta deixe de ingresar “ 10 millóns de euros en conceptos de consumo de auga e verteduras de ENCE porque a empresa só abona 900.000 euros ao ano” ao hai que sumar, dixo, o 60% da rebaixa das taxas por utilizar o peirao de Ribadeo. A nacionalista asegurou que o contido do convenio constata o “agasallo e trato de favor do Goberno galego” a ENCE.

 

 

A Xunta confirma que deixa de ingresar dez millóns ao ano de ENCE