Pontevedra participa en Madrid nunha xornada sobre mobilidade
Pontevedra, 12 de marzo de 2013. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores participa hoxe en Madrid na xornada Mobilidade 30 organizada pola Fundación Pons. O alcalde dará conta do modelo de cidade de Pontevedra nunha mesa de ponencias na que se falará de experiencias positivas en plans de mobilidade urbano sustentábel.
Segundo recolle a presentación da propia xornada, a Fundación Pons quere colaborar coa tendencia no cambio dos desprazamentos nas cidades con máis espazo público para moverse, cidades máis limpas, seguras e sustentábeis... Para iso, organiza un ciclo de conferencias sobre O futuro da mobilidade. Na primeira xornada presentarase a iniciativa europea: 30km/h por unhas rúas habitábeis!.
O obxectivo principal é amosar os beneficios que se poden obter pola reducción da velocidade proposta para certas zonas da cidade, como a reducción de emisións, reducción de accidentes, aforro enerxético, tráfico rodado máis fluído, pacífico...
Pontevedra é a primeira e, até o momento, única cidade do Estado que implantou a velocidade máxima de 30 km/h en todo o termo municipal.