O BNG lembra a Lois Obelleiro no seu V cabodano
Soutomaior, 22 de febreiro de 2013.O BNG de Soutomaior lembrou cunha ofrenda floral este xoves, 21 de febreiro, no cemiterio de Arcade, ao compañeiro Lois Obelleiro, de cuxo pasamento se cumpriron 5 anos.
Obelleiro non só foi concelleiro na corporación municipal de Soutomaior entre 1979 e 2000, senón que puxo ao Concello no centro do universo nacionalista, tanto a nivel político coma sindical, nos primeiros anos da transición.
Ao acto, asistiron numerosos compañeiros e amigos, que quixeron homenaxear ao histórico militante nacionalista.