O BNG solicita do Concello de Barro a cesión de locais municipais en desuso aos colectivos sociais

Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz Municipal do BNG
O BNG solicita do Concello de Barro a cesión de locais municipais en desuso aos colectivos sociais

O BNG ven de presentar unha iniciativa no Concello de Barro para que se poñan a disposición dos colectivos sociais os locais municipais que actualmente están en desuso ou cun uso escaso que os fan compatíbeis coa súa cesión para outras actividades.

Con esta iniciativa, o BNG pretende paliar o déficit histórico de locais sociais que ten o concello de Barro, xa que a día de hoxe nin os colectivos veciñais nin entidades tan importantes e representativas do noso concello como a Banda Xuvenil de Barro e o Grupo de Danzas Amor Ruibal contan con instalacións axeitadas para levar a cabo o seu labor.

En concreto, o BNG propón que se ceda a nave da Escola-Taller á Banda Xuvenil e ao Grupo de Danzas, para que a utilicen como local habitual de ensaio, distribuíndo entre as dúas entidades os días de uso. Esta nave está pechada todo o ano, agás en momentos puntuais, polo que non debera haber ningún tipo de problema para a súa cesión. En todo caso, o Concello terá sempre prioridade en caso de necesitala para algún evento especial.

Outro espazo municipal que está en desuso é o local anexo ao Pazo da Crega, polo que o BNG propón que se habilite como espazo de reunións e realización de actividades por parte dos distintos colectivos sociais existentes no concello.

 

 

O BNG solicita do Concello de Barro a cesión de locais municipais en desuso aos colectivos sociais