SOTERRARASE TODO O CABLEADO ACTUAL

As obras de reforma integral da Santiña retomaranse despois das festas de Nadal

Obras na Santiña
Obras na Santiña
As obras de reforma integral da Santiña retomaranse despois das festas de Nadal
Pontevedra, 12 de decembro de 2024. O Alcalde de Pontevedra anunciou que as obras de reforma integral da Santiña se acometerán despois do nadal, logo do acordo acadado con Unión Fernosa Distribución para o soterramento de todo o cableado da zona.

Este soterramento correrá a cargo da empresa eléctrica e comezará despois de Reis, ao vivirse no nadal unha parálise no sector da construción. Lores explicou que se retomarán as obras nese intre, co fin de facer logo do soterramento o pavimento definitivo. “Somos conscientes que é unha molestia para as persoas que viven ou transitan pola zona, e non ter pavimento xera certos problemas, mais cremos que é importante que xa que deste xeito todo o cableado quedará soterrado e a rúa quedará moitísimo mellor”. 

As obras de reforma integral da Santiña retomaranse despois das festas de Nadal