O novo contrato de residuos de Pontevedra entrará en vigor o vindeiro 1 de xuño

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores
O novo contrato de residuos de Pontevedra entrará en vigor o vindeiro 1 de xuño

Pontevedra, 24 de abril de 2025. “O contrato de residuos de Pontevedra entrará en vigor a partir do 1 de xuño”, tal e como o deu a coñecer o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. “As novas prestacións irán chegando e notándose a partir dese día. É un contrato no que realmente hai posta moita ilusión polas súas características pioneiras e que traerá consigo un cambio substancial para todos e todas”. 

O rexedor da cidade lembrou que xunto con este inicio tamén chegarán os primeiros cambios, como pode ser a mudanza de todos os colectores. Alén disto, tamén se continúa a traballar na tramitación da contratación e posta en marcha do servizo de información bidireccional, ademais de seguir avanzando na ordenanza económico-fiscal. 

O alcalde anunciou a preparación dunha campaña e plan de comunicación de cara a cidadanía en xeral, que xa está contratada e adxudicada. “Queremos que todos as cidadás e os cidadáns saiban o que supón este novo contrato e o que conleva. Queremos que todo o mundo participe nesa separación inicial”. 

O novo contrato de residuos de Pontevedra entrará en vigor o vindeiro 1 de xuño